so:text
|
O hórreo é o emblema da editorial Nós. Un gravado de perfil en negro que representa un hórreo con dous cativos. Unha rapaza que lé e un neno que, deitado á sombra, escoita. O gravado, deseñado por Castelao, corresponde a un cadro perdido deste, que se atopaba na editorial de Casal. O cadro tiña un pé: "fartura pr'o corpo e fartura pr'o espírito" que simbolizaban, o hórreo repleto e os nenos a ler. Cando Castelao llo entregou a Casal comentoulle "fartura de corpo e de espíritu, ese ten que ser o noso país. (pt) |