so:text
|
Vimos no anteriormente exposto como é preciso un estudio da realidade, como si se ha de facer algo de proveito pol-a educación na Galicia ten que partir o impulso d'unha iniciativa que nasza aquí mesmo e non en remotas e alleas vilas. Todo isto exige que se creen entre nós organismos encarregados de estudar os problemas educativos da nosa terra; organismos que comenzando pol-a iniciativa individual rematen por ser oficiaes. Lembrémonos sempre do carácter esperimental que n'un comenzo deben ter taes instituciós. ¡Cánto de novo e d'interesante surgirá o día en que iste noso proyeito se realice e se estuden as realidades pedagógicas do noso pobo e sobr'elas se eleven un cúmulo de eficaces reformas! (es) |