Mention40725

Download triples
rdf:type qkg:Mention
so:text A todo isto de que se Marcos é homosexual: Marcos é gay en San Francisco, negro en África do Sur, asiático en Europa, chicano en San Isidro, anarquista en España, palestino en Israel, indíxena nas rúas de San Cristovo, chavo banda en Neza, rockeiro en CU, xudeu en Alemaña, ombudsman na Sedena, feminista nos partidos políticos, comunista na post guerra fría, preso en Cintalapa, pacifista en Bosnia, mapuche nos Andes, mestre na CNTE, artista sen galería nin portafolios, ama de casa un sábado á noite en calquera colonia de calquera cidade de calquera México, guerrilleiro no México de finais do século XX, folguista na CTM, reporteiro de nota de recheo en interiores, machista no movemento feminista, muller soa no metro ás 10 P.M., xubilado no plantón no Zócalo, campesiño sen terra, editor marxinal, obreiro desempregado, médico sen praza, estudante inconforme, disidente no neoliberalismo, escritor sen libros nin lectores, e, é seguro, zapatista no surleste mexicano. En fin, Marcos é un ser humano, calquera, neste mundo. Marcos é tódalas minorías intoleradas, oprimidas, resistindo, estoupando, dicindo "Xa abonda!". Tódalas minorías á hora de falar e maiorías á hora de calar e aturar. Tódolos intolerados buscando unha palabra, a súa palabra, o que devolva a maioría aos eternos fragmentados, nós. Tódolo que amola ao poder e ás boas conciencias, iso é Marcos. (es)
so:isPartOf https://gl.wikiquote.org/wiki/Subcomandante_Marcos
so:description Citas do Subcomandante Marcos (gl)
Property Object

Triples where Mention40725 is the object (without rdf:type)

qkg:Quotation38041 qkg:hasMention
Subject Property