so:text
|
A escravitude, así ben chamada, é o establecemento dun dereito que lle dá a un home tal poder sobre outro que o fai amo absoluto da súa vida e fortuna. O estado de escravitude é malo pola súa propia natureza. Non resulta útil para o amo nen para o escravo; non para o escravo porque non pode facer nada por un motivo ou virtude; non para o amo porque ao dispor de autoridade ilimitada sobre os seus escravo acostúmase á ausencia de todas as virtudes morais e tórnase polo tanto fero, precipitado, severo, colérico, voluptuoso e cruel. ... cando é da maior importancia que a natureza humana non se rebaixe ou disipe, non debería haber escrativude. Nas democracias, onde todos están por igual; e nas aristocracias, nas que as leis deberían procurar afervoadamente a maior igualdade como permita a natureza do goberno, a escravitude é contraria ao espírito da constitución; só contribúe a darlle un poder e un luxo aos cidadáns que non deberían ter. (pt) |