so:text
|
Inclínome diante da autoridade dos homes especiais porque se me impón pola miña propia razón. Son consciente da miña incapacidade de asimilar, en todos os seus detalles e desenvolvementos positivos, calquer porción vasta do coñecemento humano. A maior das intelixencias non equivalería á comprensión do todo. De aquí se deduce, tanto na ciencia como na industria, a necesidade da división e a asociación do traballo. Eu recibo e eu dou - así é a vida. Cada un dirixe e é dirixido á súa vez. Polo tanto non hai autoridade nen fixa nen constante, senón un intercambio continuo de autoridade e subordinación mútuas, temporais e, sobretodo, voluntarias. (es) |