so:text
|
¿Que camiño debe escoller Galiza para axustar a futura evolución da sua lingua? ... ¿Non pode d-algún xeito estar recramendo certa virada no rumo da política interna do idioma? ... ¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na sua evolución como idioma, ou ha de pender a mais estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil? ... Non se pretende chegar á unificación literal. mais trátase de conter a disociación, facendo os axustes necesarios pra aproveitar as ventaxas mútuas que un intertroque permanente podería proporciar. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar moito mais que a perder, si a relación entre unha e outra fala se avivece e sostén. (es) |